O alumnado de 3º e 4º de ESO realizou unha actividade, en grupos, relacionada coa trasposición de diversos xéneros: canción, xornal, narrativa e cómic.

Este é un resumo dos pasos que seguiron:

PASO 1

Escoitar a canción Pedro Navaja de Rubén Blades.

PASO 2

Analizar a letra e responder ás 5 w propias da noticia xornalística: what, who, when,where, why.

PASO 3

Realizar un resumo da canción en tres parágrafos (presentación, nó e desenlace) onde aparecesen respondidas as 5 w do paso anterior.

PASO 4

Debuxar un cómic (sen palabras) a partir da narración creada por eles/as no anterior paso. Existía absoluta liberdade en canto á técnica e o formato.

Eis algúns dos resultados do traballo: