Presentamos tres novos libros relacionados co PDI deste ano, A historia entre costuras, que xa podes consultar na biblioteca ou levar emprestados para casa.

Vestidas para la revolución: la liberación de la mujer a través de la moda; Laura Castelló

Un libro para entender por que a aparencia é importante. A estética e a moda non son só algo superficial e baleiro: son eles mesmos un símbolo, unha expresión individual e colectiva e, como tal, un acto que pode ser político, ter poder e mesmo cambiar sociedades. Este libro recolle algúns dos movementos contraculturais máis relevantes da historia ao longo de diferentes épocas, centrándose nas mulleres e en como, a través de determinadas estéticas e ideoloxías, estas reivindicaron e loitaron pola liberdade e a igualdade.

Dentro de tu armario: todo lo que necesitas saber sobre el mundo de la moda; Catalina González Villar

Un libro sobre moda para os máis novos. Sobre o que usamos hoxe e ao longo da historia para vestirnos, por que o usamos e para que o usamos. Cun enfoque divertido que nos invita a mirar o mundo e o noso propio vestiario con curiosidade, cuestionando o que damos por feito e aprendendo a gozar da moda como linguaxe e expresión da riqueza da nosa personalidade. Unha ollada tamén ao corpo e á nosa percepción do mesmo. A nosa forma de embelecelo, coidalo e disfrutalo. Cun ton tan narrativo que se pode ler como unha novela. Ofrece varios puntos de fuga para perderse. Un libro que son moitos libros, como un armario cheo de roupa, pode ser moitos armarios cos que inventar.

Moda. Historia y estilos; VV. AA.

3.000 anos de historia da moda nunha elegante guía visual. Sinxela ou sofisticada, discreta ou imaxinativa, a roupa que levamos revela a nosa personalidade. Cada xeración reinventa a moda e con este libro poderás descubrir a moda de cada xeración a través dunha exhaustiva guía visual das prendas que se levaron ao longo do tempo. Este libro é a guía definitiva para coñecer a evolución do vestiario e do estilo ilustrada con máis de 1.500 roupas de todo. Desde a elegancia do antigo Exipto e as lendarias casas de alta costura como Coco Chanel e Dior, ata os últimos deseños de Alexander McQueen e Prada, e ofrécenos unha imaxe fascinante. da súa vestimenta e do seu estilo de vida. Inclúe a descrición do contexto temporal, estilos, liñas de corte, cores, estampados, roupa e accesorios, imaxes dos deseños de moda máis emblemáticos de cada época, fotografías, citas e biografías de famosos que marcan tendencias…