Incorporamos á biblioteca dous libros sobre para coñecer o propio corpo e, en concreto, dous momentos nos que ás veces estamos un pouco perdidas/os…
EL SEMEN MOLA; Anna Salvia e Cristina Torrón.
Os mozos son os grandes esquecidos da educación sexual. A gran maioría aprende como funciona o seu corpo e a súa sexualidade pola súa conta a través do porno e das bromas cos amigos. Deixámolos absolutamente sós neste tema. Criáronse cunha gran crítica social á masculinidade hexemónica e ao machismo, pero non teñen referentes nin recursos que lles axuden a ser diferentes a iso que se critica. Doutra banda, as familias e educadores queren criar a homes novos pero non saben como facelo.
Este libro quere dar resposta a este baleiro e a estas demandas, propoñendo unha mirada positiva e respectuosa sobre a sexualidade masculina, a primeira eyaculación e o seme.
LA REGLA MOLA; Anna Salvia e Cristina Torrón
Que é a menstruación?, como te transforma o ciclo menstrual?, a regra doe?, que opcións tes para non mancharte?, a primeira regra chega de súpeto?
Todo o que sempre quixeches saber sobre a menstruación (e nunca te atreviches a preguntar) explicado de forma directa e divertida para vivir estes cambios con confianza e benestar. Porque ter a regra mola, pero hai que saber como funciona.